Saltar ao contido

Roi

Marzo 25, 2011

1- Procedencia: A Coruña.
2- Franquicia: Filloas de sangue.
3- Nome que ten este deporte no teu lugar de orixe: Na zona da coruña case todo o mundo que coñece o noso deporte chámalle billarda.
4- Primeira vez que xogaste á billarda: Pois alá por Novembro do 2007, despois de que david conseguira convencerme, e dende aquel dia ata aquí, xa é a carta tempada na LNB.
5- Ano da primeira participación na liga: Na tempada 2007/2008, primeira tempada da nosa conferencia.
6- O primeiro varado: Se non estou moi equivocado na última xornada desa tempada, sen contar o concurso de varados do play-off que se xogara na pista da zapateira esa mesma tempada, no que xa fixera algún, pero dende media pista se non recordo mal.
7- O mellor momento: O mellor momento foi sen dúbida cando conseguin o punto que fixo que os filloas conseguiramos a primeira liga da conferencia NorOeste no 2008, aínda que tamén podería quedarme coa tempada pasada, que foi unha grandisima tempada para min, conseguindo no NorOeste gañar por equipos, por varados e por individual e chegando ás semifinais nacionais en conxo.
8- O peor momento: A verdade é que ningun, case todos os anos tiven moita sorte cós meus resultados, ademais de que na billarda o mellor é a xente que coñeces sen dubida e o ben que o pasas que iso non se perde nunca, pero por dicir algún mal momento quedareime coas semifinais nacionais do ano pasado contra Markytos, que aínda que el foi un merecidisimo campión penso que eu podía ter feito moito máis.
9- A viaxe mais longa feita para xogar: Aínda que non foi tan só para xogar pode dicirse que foi a Ourense no Aberto de decembro polo partido da selección galega de futbol.
10- Practicas algún outro deporte?: Pois o futbol cando as lesións o permiten jeje.

Marcos

Marzo 24, 2011


1-Procedencia: Vilamar (Barreiros), ainda que me paso tanto ou mais tempo en Remourellle, onde vive a miña familia.

2- Nome que ten este deporte no teu lugar de orixe: Na mariña de lugo coñecese como billarda.
3- Franquicia: Remourelle Bulls

4- Primeira vez que xoguei a billarda: No torneo parroquial, en xuño de 2007, na pista de San Bartolo (Barreiros)

5- Ano da primeira participación na liga: Na 2007-2008, debutando na pista da Anguieira (Barreiros)

6- O primeiro varado: Na xornada de liga disputada en lugo, dentro da conferencia norleste 2009/2010.

7- O mellor momento: Creo que teño dous. O día que competín co meu equipo, os Remourelle Bulls, na final de Conxo, e tamén o día do Galiza-Alemania, disputado en Ribadeo no verán do 2009.

8- O peor momento: Penso que non teño un momento malo, porque na billarda non entendo que existan derrotas. É outra forma de competir distinta a outro deporte.

9- A viaxe mais longa feita para xogar: Creo que a Meaño, na copa do Salnés.

10- Practico algun deporte mais?:
Agora mesmo non, ainda que xoguei ao futbol e ao futbol sala.

David

Marzo 22, 2011

1-Procedencia: A Coruña e Cerceda (vivín da cabalo entre os dous lugares).
2-Franquicia: Filloas de Sangue.

3-Nome que ten deste deporte no teu lugar de orixe: Na cidade da Coruña chámase billarda.
4-Primeira vez que xogaste á billarda: No I All Stars, desputado na Coruña o 26 de marzo do 2006.
5-Ano da primeira participación na liga: Na inauguración da Conferencia NorOeste, no curso 2007-2008.
6-O primeiro varado: No meu segundo All-Stars, en marzo do 2007, cando fun finalista nesa categoría.
7-O mellor momento: Podo poñer dous? A primeira vitoria dos Filloas na liga, fronte aos poderosos Electrónicos e Xarutos (2007-2008), así como o meu debut coa Auténtica, en Piyarnu, o 4 de novembro do 2007. Fun chamado para desputar a Copa Cantábrica, da que saímos vitoriosos.
8- O peor momento: Creo que non me quedo con ningún en concreto. Calquera momento en que as cousas non saen ben é malo, pero aí é onde máis se aprende.
9-A viaxe mais longa feita para xogar: A Piyarnu, en Asturies, no meu debut coa Auténtica.
10-Practicas algún outro deporte?: Rugbi e fútebol.

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.