Skip to content

Iván Puente

Abril 30, 2011

1- Procedencia: A Torre/Adina.
2- Franquicia: Bateas.
3- Nome que ten este deporte no teu lugar de orixe: Pateiro.
4- Primeira vez que xogaste á billarda: Na porta da minha casa.
5- Ano da primeira participación na liga: Liga 2010/11.
6- O primeiro varado: Na pista de Bordons a Xan, Xose e Luis.
7- O mellor momento: Cando gañei o aberto de Trazo na conf Centro.
8- O peor momento: Cando non lle dou a bilharda.
9- A viaxe mais longa feita para xogar: A moitos sitios.
10- Practicas algún outro deporte?: Andar en bici e durmir en clases.

MARKYTOS

Abril 14, 2011


1- Procedencia: De Ribadeo 31/08/1980
2- Franquicia: Os Billardeiros Musicais
3- Nome que ten este deporte no teu lugar de orixe: Billarda
4- Primeira vez que xogaste á billarda: Pois era pequeno, e foi no monte de Sta. Cruz. Meu pai xa me amosara o xogo, e ademais tamén me advertira dos riscos que tiña estar cerca do palanador cando se dispoñia a lanzar, dese día nun me olvido na vida, e a miña cara tampouco.
5- Ano da primeira participación na liga: Foi no 2007
6- O primeiro varado: Non recordo o numero de xormada que era, o que si sei e que foi en Mondoñedo e contra Victor, do equipo de Vilamar (creo)
7- O mellor momento: Sen dúbida ningunha, gañar o Título Nacional Individual en Conxo no primeiro ano de participación neste deporte. Dende logo que hai moitos, pero ese podríase decir que foi o mellor.
8- O peor momento: Foi na segunda tempada,A min facíanme falta 6 puntos e xa tiña 4, a falta dunha partida, viao bastante posible xogando contra un palanador que habitualmente non daba unha, pero… ese día a falta de dar unha deu duas seguidas xogando contra min, e gañou claro. Neste deporte xa se sabe, ata que a billarda entra polo varal todo é posible!! De vez en cando veñen ben estas cousas.
9- A viaxe mais longa feita para xogar: Supoño que a Conxo.
10- Practicas algún outro deporte?: Se a pesca se considera deporte, pois fago bastante.jeje.

Cristian

Abril 7, 2011

1- Procedencia: Adina (Sanxenxo)

2- Franquicia: Bateas

3- Nome que ten este deporte no teu lugar de orixe: Billarda

4- Primeira vez que xogaste á billarda: Un dia que me dixo de xogar meu primo Luis

5- Ano da primeira participación na liga: 2010/2011

6- O primeiro varado: Adina 2011 conferencia sur

7- O mellor momento: Cando cheguei á final no sur.

8- O peor momento: Cando perdin a final no sur

9- A viaxe mais longa feita para xogar: a Ribadeu unha chea de veces

10- Practicas algún outro deporte?: o FIFA é un deporte?

Martinho

Abril 6, 2011

1)Procedencia: Vilamar
2)Franquicia: Remourelle Bulls
3) Primeira vez que xogou a billarda: En Vilamar,no torneo Parroquial de 2008, como integrante do equipo de Xove.
4)Primeira temporada que xogache: temporada 2008/2009
5)Primeiro varado: No parroquial de 2009, en Celeiro de Mariñaos
6)Mellor momento: En Ferreira do Valadouro, si no recordo mal, dando os puntos necesarios para que os Remourelle Bulls sumaran o primeiro campeonato de liga da conferencia Norleste. O mellor momento individual, ese mesmo ano, en Conxo, cando estiven a piques de eliminar a Ruben Otero nas finais, que posteriormente sería o campion
7)Peor momento: Toda esta temporada que non consigo superar obxectivos.
8)Lugar a onde fuche xogar mais lonxe: A Piedras Blancas, na copa Cantabrica.
9)Outro deporte que practicas: Practico varios pero en serio como a billarda ningún

Isa

Abril 4, 2011


1- Procedencia: Ribadeo.
2- Franquicia: Os Outros
3- Nome que ten este deporte no teu lugar de orixe: Billarda
4- Primeira vez que xogaste á billarda: Un entrenamiento de billardeiros musicais y Os Outros en ove en septiembre de 2009.
5- Ano da primeira participación na liga: Temporada 2009-2010
6- O primeiro varado: Por dentro de portería ninguno, por fuera varios.
7- O mellor momento: El Xerro do Salnés en el 2010, donde por primera vez fui semifinalista.
8- O peor momento: Cuando no dispongo de tiempo para jugar y/o entrenar.
9- A viaxe mais longa feita para xogar: Xil-Meaño.
10- Practicas algún outro deporte?: Ahora mismo no, pero hasta el año pasado practicaba todo tipo de deportes.

Flores

Abril 2, 2011

1) Procedencia: San Miguel de Reinante (Barreiros)
2) Franquicia: Ekipa-Bitere
3) Primeira vez que xoguei a billarda: Hai moitos anos cando ía a escola foi a primeira vez. Logo non volvin a practicala ata o torneo das festas de Ribadeo en 2009.
4) Primeira participacion na liga: na tempada 2009/10
5)Primeiro varado: Nunca conseguin ningun, pero debe estar a pique de chegar.
6)Mellor Momento: A consecución da copa cantabrica en Asturias en 2010.
7)Peor momento: Nesta tempada no aberto de galiña de mos en Castro, q non conseguin ningun punto.
8)Viaxe mais longa: A Meaño
9)Practicas outro deporte: Bolos e natación.

Suso

Marzo 31, 2011

1)Procedencia: Remourelle
2)Franquicia: Remourelle Bulls
3)Primeira vez que xogou a billarda: Posiblemente polo ano 1956 cando meus pais me mandaban coas vacas e entretiame xogando a billarda. Desde aquela epoca ata o 2007 non volvera a xogar.
4)Primeira participación na liga: tempada 2007/08
5)Primeiro varado: Nunha xornada de liga en Xove
6)Mellor Momento: Na mesma xornada de Xove, conseguin facer duas xogadas identicas mentendo a billarda no varal desde o corner
7)Peor momento: Actualmente estou a atravesar o peor momento de xogo, pero espero que cambie axiña.
8)Viaxe mais longa: a Meaño
9)Practicas algun outro deporte: Tamén xogo aos bolos.